Pestanas principais

>Crea a túa camiseta

Venres, 17 xullo, 2020
Ás 11:00

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle entre as 11:00 e as 14:00 o obradoiro “Crea a túa camiseta”.O taller está dirixido a rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos.
Nuria Ruibal, artista plástica e directora da Escola de debuxo e pintura “Lápices” de Bertamiráns, imparte este taller no que a rapazada poderá confeccionar camisetas ao seu gusto.
O material necesario entregarase no propio obradoiro.
As prazas son limitadas. Os/as asistentes deberán levar máscara.

O obradoiro forma parte do programa de dinamización da cultura e o comercio en Ames "AmesON", que a súa vez encádrase no Plan Reactiva Ames,  e forma parte do conxunto de actividades: "Concilia co comercio".

A rapazada poderá permanecer no obradoiro entre media hora e tres horas, tempo que a familia pode aproveitar para facer as súas compras no comercio local.