Pestanas principais

>“Polo Camiño, Contos da Feira”, marionetas virtuais

Venres, 20 novembro, 2020
Ás 18:00 horas

A compañía teatral A cova das letras chega a Ames con esta actividade do programa FalaRedes. O venres 20 de novembro, a partir das 18.00, os nenos e as nenas poderán participar nesta sesión virtual de marionetas, contos e cantos. O prazo de inscrición está aberto ata o xoves 19 de novembro e as familias interesadas en participar deberán enviar un correo a normalizacion@concellodeames.gal.

 “Polo Camiño, Contos da feira” está organizado pola compañía de teatro A cova das letras e proposto a través do programa FalaRedes, da Secretaría Xeral de Política Lingüística.  Para poder participar as familias terán que inscribirse, aínda que por ser unha actividade virtual non haberá límite de prazas. Dende o Servizo de Normalización Lingüística enviaráselles ás persoas inscritas unha ligazón que lles permitirá acceder á sesión a través de calquera dispositivo con pantalla e conexión á rede.

Este espectáculo de monicreques de luva, de táboa e marotas, conta a historia dunha feira onde se xuntan seis personaxes que, cos seus contos en cantos, farán voar a nosa imaxinación: a minuteira, o fistor, Pepa a Loba, Pepa das Mulas, o vendedor de tarabelas e a posticeira.

Prazo de inscrición aberto
O prazo de inscrición xa está aberto e rematará o xoves 19 de novembro. As persoas interesadas deben enviar un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal no que figuren os nomes e apelidos das persoas participantes, a idade das crianzas e un número de teléfono de contacto.

Dende o departamento de Normalización Lingüística confirmarase a inscrición e as famiias que participen recibirán a ligazón e as instrucións para poder acceder á sesión virtual. Só será preciso un dispositivo con pantalla e conexión a Internet.