Pestanas principais

>Copa Deputación de técnica de taekwondo: infantil e adultos

Sábado, 15 novembro, 2025

O Concello e Ames colabora na Copa Deputación de técnica: infantil e adultos. O pavillón de Bertamiráns acolle este sábado, 15 de novembro, esta competición na que se vai disputar a fase provincial. 

A competición desenvolverase seguindo a normativa aprobada en Asamblea Xeral de 2017, incluíndo a non limitación de participantes. Están vixentes as modificacións aprobadas na Asamblea Xeral de febreiro de 2017. Poden participar todo os deportistas federados pertencentes a clubs dados de alta e que estean ao corrente das súas obrigas coa Federación Galega de Taekwondo.

En dito evento participarán máis de 300 deportistas de todas as idades e niveis. É un torneo no que se fomenta a participación e todos os deportistas reciben un agasallo por participar. As mellores notas de cada categoría clasifícanse para o campionato autonómico, a Copa Xunta, que se celebrará o próximo mes de decembro. Do Club TKDenodo van a participar 156 deportistas desde os 3 ata os 60 anos.