Pestanas principais

>Contacontos: Serpes, bruxas e animais no Milladoiro

martes, 24 Marzo, 2026 a xoves, 26 Marzo, 2026
Ás 17.30 horas

As bibliotecas de Ames, no seu compromiso co fomento do hábito lector entre a veciñanza infantil, veñen de anunciar a programación para este primeiro semestre do ano na que destaca a xa habitual actividade de contacontos para nenas e nenos de 3 a 8 anos.

A actividade de contacontos está dirixida a cativos e cativas de 3 a 8 anos e celebrarase unha vez ao mes en cada unha das bibliotecas do concello durante tres tardes consecutivas. O obxectivo é fomentar nas crianzas unha escoita activa a través da narración oral e introducilas no mundo da lectura coa biblioteca como espazo físico e mediador. A promoción do idioma tamén terá un gran peso durante estas sesións.