Pestanas principais

>Contacontos infantil no Milladoiro

Xoves, 8 outubro, 2020
Ás 17.30 horas.

O programa “Animación á lectura” celebrará hoxe, xoves 8 de outubro, unha sesión de Conto contiño, un contacontos para nenos de entre 3 e 8 anos. O encontro terá lugar na biblioteca do Milladoiro ás 17.30 horas.

O Concello de Ames presentou a nova programación da iniciativa "Animación á lectura" para o último trimestre.

Hoxe, xoves 8 de outubro, celebrarase unha sesión de contacontos. Os máis pequenos poderán disfrutar na biblioteca do Milladoiro, a partir das 17.30 horas, dunha nova narración. Para esta actividade ofertaranse 12 prazas e cada neno poderá ir acompañado tan só de un adulto.

O prazo de inscrición está aberto dende o día 28 de setembro até o 3 de outubro. Para asitir é imprescinidble anotarse previamente chamando aos números 981 884 829 (biblioteca de Bertamiráns) ou ao 981 530 807 (biblioteca do Milladoiro). Tamén se atenderá vía mail a través do enderezo biblioteca@concellodeames.gal.

A programación continuará durante os meses de outubro, novembro e decembro.