- Tipo
- Tematica
Esta iniciativa, levada a cabo pola Asociación Alcer Coruña e en colaboración co Concello de Ames e o Coro Góspel Vida, busca sensibilizar á veciñanza de Ames sobre a importancia de doar órganos para salvar as vidas das persoas que agardan un transplante mediante unha forma orixinal e nova no Concello.
Alcer Coruña organiza este concerto da man do Coro Góspel Vida co obxectivo de sensibilizar á veciñanza de Ames sobre a importancia da doazón de órganos para as persoas afectadas por algunha enfermidade renal crónica.
O concerto celebrarase este sábado, 29 de novembro, ás 20.00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns da man do Coro Góspel Vida. A entrada ten un custo de 10€ e pódese mercar nas tendas Secretos de tocador, en Bertamiráns, e Libraría Nenos Nais, no Milladoiro.





