Pestanas principais

>Concerto de Diego Barbazán e Zeus RB en Bertamiráns

Domingo, 30 agosto, 2020
Ás 20:00 horas

A praza do Concello, en Bertamiráns, acolle ás 20:00 horas, a actuación de Zeus RB e Diego Barbazán. A actuación forma parte do programa AmesON, encadrado no Plan Reactiva Ames, co que o Concello pretende dinamizar os sectores cultural e comercial de Ames. O concerto é de balde até completar aforo e realízase seguindo todas as normas de seguridade que impón a loita contra o COVID19.

Hai tempo que Diego e Zeus actúan xuntos. Coñécense desde que tocaran xuntos na orquestra New York. Na actualidade Diego é cantante e guitarra da mesma orquestra e participa na “Liga dos cantantes” da TVG. Zeus forma parte do elenco da orquestra Fania Blanco Show.