Pestanas principais

>Concerto de A Banda da Loba

Xoves, 27 maio, 2021
Ás 21.00 horas.

A programación do mes das letras Galegas complementarase co concerto de A Banda da Loba. A Praza de Chavián, en Bertamiráns, acollerá o xoves 27 de maio ás 21.00 horas, o espectáculo de música “Fábrica de Luz”, un homenaxe a Xela Arias. A entrada é de balde ata completar aforo. (Só en caso de choiva trasladarase á Casa da Cultura).