Pestanas principais

>Cinema: proxección de O Corno

Martes, 7 novembro, 2023
Ás 20.00 horas

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, programa un novo ciclo de cine durante o mes de novembro no que se proxectarán os filmes O Corno, de Jaione Camborda, que gañou a Concha de ouro á mellor película no Festival de cine de San Sebastián 2023; e Salta, de Olga Osorio, unha longametraxe que adapta a curta Einstein-Rosen, realizada previamente pola propia directora. Ambas as dúas proxección serán no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro os martes 7 e 14 de novembro ás 20.00 horas. Ao final das proxeccións haberá un coloquio coas directoras dos filmes. As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica.

O martes 7 de novembro, ás 20.00 horas, proxectarase o filme O Corno, dirixida por Jaione Camborda, e que gañou a Concha de ouro á mellor película no Festival de cine de San Sebastián 2023. Esta longametraxe está ambientada na Illa de Arousa de 1971. María é mariscadora pero tamén é coñecida na illa por axudar a outras mulleres nos partos con especial dedicación e coidado. Despois dun inesperado suceso, María vese obrigada a fuxir e comeza unha perigosa travesía que lle fará loitar pola súa supervivencia. Na procura da súa liberdade, María decide cruzar a fronteira por unha das rutas de contrabando entre Galicia e Portugal. Ao final da proxección farase un coloquio no que participará a directora do filme, Jaione Camborda. As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica.