Pestanas principais

> Cinema Miúdo | Sección "Axóuxeres"

Sábado, 11 decembro, 2021
ás 12:00 horas

Volve o Festival Internacional de Cine Infantil, Cinema Miúdo, un evento que busca que a cativada da casa desfrute dunha selección de curtas chegadas de todo o mundo, ademais dunha serie de actividades paralelas como o taller de stop motion, de maquillaxe de efectos especiais ou a festa dos videoclips.

O sábado 11 segue o Festival de Cinema Miúdo coa Casa da Cultura de Bertamiráns como epicentro das actividades. Ás 12:00 horas comeza a sección “Axóuxeres” (para rapazada a partir de dous anos). Os convites xa están dispoñibles na billeteira electrónica do Concello de Ames.