Pestanas principais

>Charla informativa da UCGAL: "Comisións bancarias e Banca electrónica"

Xoves, 14 decembro, 2023
Ás 19:00 horas

A Unión de Consumidores de Galicia vai impartir o 14 de decembro no Centro de Maiores do Milladoiro, ás 19:00 horas, unha charla informativa sobre comisións e custos bancarios, e acceso e funcionamento da banca electrónica. A charla está dirixida principalmente a persoas maiores.

Falarase de comisións bancarias e a súa legalidade, controis e límites por parte do Banco de España, e das comisións máis frecuentes. Así mesmo, tamén se exporán as mellores opcións para evitar estas comisións e farase unha introdución ao acceso á banca online. Por último, ante as cada vez máis frecuentes estafas bancarias, darase unha aproximación ás máis habituais para saber como recoñecelas. Ademais, explicarase como se descargan os Bonos Consuma, que se enmarcan dentro do programa de incentivos a través de tarxetas bono, co obxectivo de contribuír á reactivación económica do comercio e da hostalería local.

Esta actividade enmárcaseno acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).