Venres, 31 maio, 2024
Ás 19:30 horas
- Tematica
A Casa da Cultura do Milladoiro acolle o 31 de maio, de 19:30 a 21:30 horas, a charla informativa para persoas migrantes “Formación sobre estranxeiría 2024. Actualización das principais vías de regularización”. Esta actividade está financiada por Consellería de Política Social e Xuventude e Médicos do Mundo. Ademais, colaboran a Asociación Sociocultural de Venezolanos en Santiago de Compostela (AVESANTI) e mailo Concello de Ames. Para participar, cómpre inscribirse chamando ao número de teléfono 981 53 59 41.
Esta charla permitiralle ás persoas migrantes coñecer as diferentes e actuais oportunidades de regularizar a súa situación en España. Tamén lles permitirá coñecer os diferentes accesos ao sistema sanitario español.