Pestanas principais

> Charla coloquio para dar a coñecer a Fundación Terra de Homes

Mércores, 22 decembro, 2021
Ás 20:30

Hoxe, mércores, 22 de decembro, ás 22:30, no Salón de Actos da Casa de Cultura de Bertamiráns, terá lugar unha charla coloquio para dar a coñecer as actividades da Fundación Solidaria Terra de Homes, que pon en marcha, proxectos cuxo obxectivo é traer a España nenos e nenas enfermos, procedentes doutros países e de familias sen recursos, para aplicarlles tratamentos aos que doutro xeito non poderían acceder.

No evento participarán familias que forman parte da devandita fundación.

A charla realizase ao abeiro da Exposición “Viaxe cara a vida” que a mesma fundación amosa até o 5 de xaneiro na Casa de Cultura de Bertamiráns.