Pestanas principais

> “Cé e a orquestra pantasma” no parque dos Piñeiros do Milladoiro

Mércores, 2 setembro, 2020
Ás 18:00

O parque dos Piñeiros do Milladoiro acolle hoxe a partir das 18:00 horas unha nova sesión de “Brincadeiras Miúdas”. A actividade organízase ao abeiro do programa Apego de dinamización da lingua galega nas idades máis temperás.

Nesta ocasión Cé Orquestra Pantasma será quen dinamice a actividade a través dun concerto e un obradoiro de brinquedos naturais.  
A actividade, para a que fai falla inscrición previa, é de balde até completar aforo.