- Tipo
- Tematica
O pavillón municipal do Milladoiro acollerá dúas competicións de patinaxe artística, ámbalas dúas organizadas polo Club de Patinaxe Artístico Omega. A primeira delas será o Campionato Provincial de categorías Benxamín a Infantil, que terá lugar o sábado día 12 a partir das 10.00 horas e que se extenderá ata ben entrada a tarde.
O sábado, desde as 10.00 horas, celebrarase o Campionato Provincial de categorías Benxamín a Infantil, unha competición que, no caso de acadar as puntuacións mínimas, supón a clasificación para o Campionato Galego, que se celebra no mes de setembro.
Nesta competición participarán arredor de 30 patinadoras da provincia da Coruña que loitarán por facerse cun pase para o Campionato Galego. Pola súa banda, o CPA Omega estará representado por 4 patinadoras: unha en categoría benxamín, Arianna Pérez, e tres delas en Alevín; Adela Tarrío, Aroha Traba e Claudia Veiga.





