Pestanas principais

Campeonato provincial Taekwondo

Sábado, 16 marzo, 2019
A partir das 10.00h

O club de Taekwondo TKDenodo organiza, coa colaboración do Concello de Ames e por delegación da Federación Galega de Taekwondo e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, o campionato provincial en idade escolar das modalidades técnica e freestyle de Taekwondo. O torneo ten lugar o sábado, 16 de marzo, no polideportivo do Milladoiro a partir das 10.00h. Esta proba clasificará para o campionato galego, que terá lugar o vindeiro sábado, 30 de marzo.