- Tipo
- Tematica
O programa Apego continúa coa súa programación para as crianzas nestes meses de outono. Desta volta, o venres 31 de outubro, ás 18.00 horas, festexarase o Samaín cunha sesión de contos de medo a cargo de Ángeles Goás. “Caldo con unto e ósos de defunto!” é unha sesión de contos para vivos que se acordan dos mortos. Contos que queren ser de medo pero que tamén dan risa. Esta proposta é de balde e está dirixida para público familiar. O prazo de inscrición está aberto desde o 23 ata o 30 de outubro. Para participar é preciso enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodesmes.gal no que se indique o nome e apelidos das persoas asistentes, a idade das crianzas e un teléfono de contacto.
O venres, 31 de outubro, o programa Apego festexa o Samaín cunha sesión de contos de medo a cargo de Ángeles Goás. Caldo con unto e ósos de defunto! é unha sesión de contos para vivos que se acordan dos mortos. Contos que queren ser de medo pero que tamén son de risa. Unha contada indicada para valentes e non tan valentes, porque entre os sustos e os arrepíos tamén haberá algunha que outra gargallada (veña de onde veña).
Esta actividade vaise a celebrar o 31 de outubro, ás 18.00 horas, auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. Está dirixida a familias con crianzas a partir dos 3 anos. O prazo de inscrición está aberto dende hoxe, día 23 de outubro, ata o vindeiro xoves, 30 de outubro e, para participar, é preciso enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodesmes.gal no que se indique o nome e apelidos das persoas asistentes, a idade das crianzas e un teléfono de contacto. Non se admitirán inscricións fóra de prazo e as prazas asignaranse por orde de recepción de solicitude.
O programa Apego, un vehículo de transmisión da lingua
O programa Apego é un proxecto de dinamización lingüística dirixido ás familias que estean a esperar un bebé ou que teñan crianzas entre 0 e 6 anos. O seu obxectivo é promover, apoiar e normalizar o uso do galego na socialización da primeira infancia, achegando recursos e unha ampla proposta de actividades lúdicas e educativas.
As persoas interesadas en sumarse á iniciativa poden facelo poñéndose en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames, escribindo un correo a normalizacion@concellodeames.gal ou chamando ao número de teléfono 662 377 215. Así mesmo, tamén poden facelo cubrindo o formulario “Súmate ao apego”, que está dispoñible na páxina web do programa, apego.gal.





