Pestanas principais

>Cabalgata de Reis

Venres, 5 xaneiro, 2024
A partir das 17:00 horas

O día 5 de xaneiro celébranse as Cablagatas de Reis no Concello de Ames. No Milladoiro comezará ás 17:00 horas, e en Bertamiráns ás 19:00 horas.

A primeira cabalgata será a do Milladoiro, de 17:00 a 18:00 horas. A comitiva real sairá da rúa Agriños, proseguirá pola Travesía do Porto – Rúa Pardiñeiros – Agro do Medio - Rúa de Abaixo – Rúa Raxoeira – Rúa Anxeriz – Rúa Cruxa – Agro do Medio - Rúa Cereixeiros – Travesía do Porto. Ao rematar, as Súas Maxestades desprazaranse ata o pavillón municipal da localidade arredor das 18:00 horas. Alí despediranse dos máis pequenos da casa e darán paso ao espectáculo de animación infantil ”Estrela de mar pincha!”. Ademais, os asistentes poderán desfrutar de rosca con chocolate e de iogures doados por CLUN.

Posteriormente, os Reis chegarán a Bertamiráns, onde a cabalgata será de 19:00 a 20:00 horas. As carrozas sairán da estrada de Lapido, á altura do 108; a continuación proseguirán por Avenida da Mahía – Travesía do Pedregal – Rúa Pedregal – Avenida da Mahía – Avenida da Peregrina ata rematar no pavillón.  Igual que acontecerá no Milladoiro, haberá un fin de festa do pavillón municipal, onde tamén se poderán degustar a rosca con chocolate e os iogures de CLUN. Tamén en Bertamiráns se representará o espectáculo “Estrela de mar pincha!”.

Multimedia