Pestanas principais

> Brincadeiras Miúdas con “Xogos do Paporrubio” no parque dos Piñeiros do Milladoiro

Martes, 1 setembro, 2020
Ás 18:00

O parque dos Piñeiros, ao carón da piscina descuberta de Milladoiro,   acolle hoxe entre as 18:00 e as 20:00 horas “Xogos do Paporrubio”.

O espectáculo encádrase nas “Brincadeiras Miúdas” que chena a Ames a través do programa Apego.

A actividade, para a que fai falla inscrición previa, é de balde até completar aforo  

Os xogos do Paporrubio é un compendio de xogos autónomos e animados de temática agraria, que nos dá a coñecer un dos paxaros máis pequenos, rebuldeiros e cantaruxeiros da nosa fauna. O noso paporrubio, calzado cuns zoquiños, guía a nenos e maiores por unha eira chea de xogos. Os participantes nesta aventura terán que ir descubrindo como se xoga a algúns dos xogos, mentres que se sorprenderán noutros deles grazas ás pequenas historias contadas e cantadas polos animais e habitantes da granxa, elaborados con xoguetes, marionetas, música e sobre todo xogo en familia para gozar grandes e miúdas a partir de dous anos.