Pestanas principais

>Brincadeiras Miúdas

Mércores, 2 setembro, 2026
Ás 18.00 horas

O Concello de Ames reúne nun único cartel toda a programación de actividades que se van celebrar durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro en Ames. Deste xeito, ata finais de setembro vanse a realizar numerosas actividades como concertos, seráns ou festas.

As Brincadeiras Miúdas, actividade incluída no Apego, xa é todo un clásico para as familias que participan no programa. Esta proposta traerá unha tarde de música, xogo e divertimento, o vindeiro mércores, 2 de setembro, na Carballeira dos Trasnos de Ventín.