- Tipo
- Tematica
A programación de artes escénicas do Concello de Ames para o primeiro semestre do ano 2026 conta con doce espectáculos de teatro, danza e circo, todos de compañías galegas. O Concello de Ames conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), para a realización da programación de artes escénicas do primeiro semestre do ano 2026. Pódese consultar o cartel completo na seguinte ligazón. As entradas están dispoñibles na Billeteira electrónica desde o 8 de xaneiro.
Galeteatro Producións Escénicas presenta na Casa da Cultura de Bertamiráns “Berenguela na gaiola”, unha representación para os máis cativos, ás 18.00 horas. Berenguela na gaiola é unha divertida e emotiva proposta na que unha anciá aloxada nunha residencia da terceira idade (Berenguela) quere volver á súa casa na aldea, na que sempre viviu e onde é feliz.
Trátase dunha divertida e emotiva proposta teatral baseada nun texto de Manuel María e dirixida por Paula Carballeira. Esta obra de teatro tamén forma parte do programa Apego do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames. Podes consultar a programación completa do programa Apego na seguinte ligazón.





