Pestanas principais

>Artur UI, o ovo da serpe en Bertamiráns

Venres, 17 abril, 2026
Ás 20.30 horas

A programación de artes escénicas do Concello de Ames para o primeiro semestre do ano 2026 conta con doce espectáculos de teatro, danza e circo, todos de compañías galegas. O Concello de Ames conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), para a realización da programación de artes escénicas do primeiro semestre do ano 2026. Pódese consultar o cartel completo na seguinte ligazón. As entradas están dispoñibles na Billeteira electrónica desde o 8 de xaneiro.

O 17 de abril será a quenda da obra “Artur UI, o ovo da serpe”, de Talía Teatro, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Esta función representa unha decidida aposta por conectar a vixencia do teatro épico de Bertolt Brecht coa realidade contemporánea e explorar os mecanismos do poder, o autoritarismo e as súas manifestacións ao longo da historia.