Venres, 27 marzo, 2026
Ás 18.00 horas
- Tipo
- Tematica
O Concello de Ames presenta a programación infantil con Apego para o primeiro semestre do 2026 na que colaboran os departamentos de Bibliotecas, Cultura e Normalización Lingüística. O programa inclúe arredor de 40 actividades dirixidas a familias con crianzas que se desenvolverán entre os meses de febreiro e xuño. Podes consultar a programación completa na seguinte ligazón.
Pecha o mes de marzo a adaptación doutro clásico con música orixinal en galego, O libro da selva: o musical, de Ártika Cía. Esta peza convida a reflexionar sobre a amizade, a identidade, a convivencia e o respecto á natureza e poderémola ver o venres 27, ás 18.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro.





