Pestanas principais

>Apego: Parabéns para nós!

Venres, 6 febreiro, 2026
Ás 18.00 horas

O Concello de Ames presenta a programación infantil con Apego para o primeiro semestre do 2026 na que colaboran os departamentos de Bibliotecas, Cultura e Normalización Lingüística. O programa inclúe arredor de 40 actividades dirixidas a familias con crianzas que se desenvolverán entre os meses de febreiro e xuño. Podes consultar a programación completa na seguinte ligazón.

A programación do Apego para este primeiro semestre do ano 2026 arranca o próximo venres 6 de febreiro, ás 18.00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns co concerto-presentación do novo disco da Gramola Gominola, titulado Parabéns para nós!, co que o grupo festexa por todo o alto o seu décimo aniversario.