Pestanas principais

>Apego: Garavanciña, de Migallas Teatro

Venres, 13 marzo, 2026
Ás 18.00 horas

O Concello de Ames presenta a programación infantil con Apego para o primeiro semestre do 2026 na que colaboran os departamentos de Bibliotecas, Cultura e Normalización Lingüística. O programa inclúe arredor de 40 actividades dirixidas a familias con crianzas que se desenvolverán entre os meses de febreiro e xuño. Podes consultar a programación completa na seguinte ligazón.

O proxecto Apego segue a organizar diferentes propostas lúdicas para as crianzas nestes primeiros meses do ano. Desta volta, vaise organizar a actividade “Garavanciña”, de Migallas Teatro. O espectáculo é de balde e está dirixido a familias con crianzas a partir de 1 ano de idade. Será o venres 13 de marzo, ás 18.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro.

Trátase dunha pequena peza teatral, con música en directo, que trae a maxia dos contos clásicos. Unha divertida aventura con monicreques, cancións e narración oral da man de Bea Campos e Ali Otero. Nesta adaptación, ademais, dáselles unha volta aos roles de xénero tradicionais mantendo a fantasía desta fermosa historia. 

O prazo de inscrición está aberto dende hoxe, 5 de marzo, ata o vindeiro xoves 12. Para participar é preciso enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodeames.gal no que se indique o nome e apelidos das persoas asistentes, a idade das crianzas e un teléfono de contacto. Non se admitirán inscricións fóra de prazo e as prazas asignaranse por orde de recepción de solicitude.