- Tipo
- Tematica
O programa Apego continúa o seu programa de actividades durante o mes de maio coa actividade Foliada con Apego, que se vai desenvolver no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, o venres 22 de maio, ás 18:00 horas coas cantareiras e pandeireteiras María e Carme da Pontragha. As persoas interesadas en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal desde hoxe e ata o xoves 21 de maio, no que se indique o nome da actividade, nome e apelidos das persoas asistentes, idade dos nenos/as e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego para o primeiro semestre do 2026 pode consultarse premendo nesta ligazón.
O prazo de inscrición para a Foliada con Apego xa está aberto. Dende este mércores, 13 de maio, as persoas interesadas poderán inscribirse nesta actividade chea de música para compartir, cantar, bailar, aprender cancións e, sobre todo, pasalo ben. A foliada estará conducida polas cantareiras e pandeireteiras María e Carme da Pontragha, que nos achegarán ao patrimonio musical galego cantando e bailando todas xuntas o venres, 22 de maio, ás 18.00 horas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.
Para participar só se precisa enviar un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal no que se indiquen o nome da actividade, nome e apelidos das persoas asistentes, teléfono de contacto e idade dos/as nenos/as que vaian participar. O prazo para anotarse está aberto dende hoxe ata o vindeiro xoves 21 de maio. As prazas asignaranse respectando a orde de recepción das solicitudes, e non se admitirán inscricións fóra do período de inscrición.





