Pestanas principais

>Apego: Canta, Buiguina, canta!

Venres, 30 abril, 2021
Ás 18.00 horas.

O próximo venres, 30 de abril, terá lugar o  obradoiro “Canta, Buguina, canta!” na Casa da Cultura de Bertamiráns a partir das 18.00 horas. A actividade, dirixida por Marta Ortiz, combina teatro, contos, poesía e música. Para participar é imprescindible inscribirse, antes do 29 de abril, a través do enderezo de correo electrónico normalizacion@concellodeames.gal, indicando o nome e apelidos das persoas participantes, a idade das crianzas e un teléfono de contacto.

O departamento de Normalización Lingüística, a través do programa Apego, trae ata o Concello de Ames a actividade dirixida por Marta Ortiz. Trátase dun obradoiro, dirixido a nenos e nenas de 2 a 6 anos de idade, no que se combinarán teatro, contos, poesía e música. “Canta, Buguina, canta!” busca explorar os sentidos, xogar coas palabras, debuxar ideas e transitar emocións. A buguina levará a soñar con viaxes en barquiños de pau nas que poder explorar mundos sorprendentes.

A sesión terá lugar na Casa de Cultura de Bertamiráns o venres 30 de abril, ás 18.00 horas. É unha actividade gratuíta e para anotarse é preciso enviar un correo a normalizacion@concellodeames.gal indicando o nome e apelidos das persoas que solicitan ir, a idade das crianzas e un teléfono de contacto. O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro xoves 29 de abril.