Pestanas principais

>Apego: Arrolar e bailar

Venres, 10 abril, 2026
Ás 18.00 horas

O Concello de Ames presenta a programación infantil con Apego para o primeiro semestre do 2026 na que colaboran os departamentos de Bibliotecas, Cultura e Normalización Lingüística. O programa inclúe arredor de 40 actividades dirixidas a familias con crianzas que se desenvolverán entre os meses de febreiro e xuño. Podes consultar a programación completa na seguinte ligazón.

En abril haberá dúas actividades. A primeira será o venres 10 na Casa da Cultura de Bertamiráns, será Arrolar e bailar, un obradoiro da Fundación Legar para reforzar os vínculos entre as crianzas máis pequenas e as persoas maiores a través do canto e do baile.