Pestanas principais

Anxo Carracedo no programa Apego

Xoves, 11 novembro, 2021
Ás 20 horas

Anxo Carracedo (catedrático en Medicina Legal, experto en xenética e divulgador científico) mantén hoxe, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns, un encontro coas familias do programa APEGO.

A actividade está dirixida a público familiar e é de balde

Precísase  INSCRICIÓN PREVIA do 3 ao 10 de novembro enviando
un correo a normalizacion@concellodeames.gal.

“Galego, vida e ciencia” é o titulo deste encontro no que Anxo Carracedo falará entre outras cousas do papel da lingua na vida e na ciencia.