Pestanas principais

> Andaina SaúdeAndo en Bertamiráns contra as violencias machistas

Xoves, 24 novembro, 2022
ás 17:30 horas

O programa SaúdeAndo é unha iniciativa da Concellaría de Promoción da Saúde, en colaboración cos centros de saúde do Milladoiro e de Bertamiráns. Como é habitual, será dende estes propios centros de saúde onde comecen as 38 andainas circulares programadas ao longo do ano, que se organizan cada xoves de semanas alternas, ás 17:30 horas, con rutas de dificultade media-baixa e de entre unha hora e hora e media de duración. Estas saídas van sempre acompañadas da presenza dun monitor de marcha nórdica, pensado para as persoas que desexen practicar esta modalidade, sempre de maneira voluntaria.

Nesta ocasión, a iniciativa encádrase dentro da programación da campaña "Que o meu machismo non se converta no teu problema", que conmemora o Día internacional da eliminación da violencia contra a muller, e a andaina será en contra das violencias machistas.

Bertamiráns contará con 18 saídas, os días 20 de xaneiro, 3 e 17 de febreiro, 3, 17 e 31 de marzo, 28 de abril, 12 de maio, 9 e 23 de xuño, 1, 15 e 29 de setembro, 13 e 27 de outubro, 10 e 24 de novembro e 22 de decembro.