Pestanas principais

Andaina saudable pola Ruta do Tambre

Sábado, 6 xullo, 2019
Ás 10.30h

As Concellarías de Sanidade e Medio Ambiente de Ames organizan o vindeiro sábado, 6 de xullo, unha andaina saudable pola Ruta do Tambre que culminará cun almorzo grupal. O obxectivo desta iniciativa é ofrecer unha alternativa extraordinaria á trintena de andainas xa programadas ao amparo do programa SaudeAndo, ao tempo que busca animar ás e aos amesás a practicar actividade física de forma amena e divertida.

Esta actividade conta con servizo de autobús, polo que a xornada comezará ás 10.00h na Casa da Cultura do Milladoiro, onde un autobús recollerá aos participantes para, deseguido, facer parada na Praza do Concello de Bertamiráns.