Pestanas principais

>Andaina saudable pola Ruta do Reguiño

Sábado, 15 febreiro, 2020
Ás 10.30 horas

saudable pola Ruta do Reguiño. Terá lugar o sábado 15 de febreiro, con saída ás 10.30 horas dende a Casa da Cultura do Milladoiro. Hai servizo de autobuses dende Bertamiráns ás 10.00 horas na Praza do Concello. A actividade, que é de balde, require inscrición previa enviando un correo electrónico a sanidade@concellodeames.gal ou chamando ao número 649 450 264.

A Ruta do Reguiño terá como punto de partida a Casa da Cultura do Milladoiro. Posteriormente, pasarase polas aldeas de Tarrío, Casanova e  Raíces , enlazando co Camiño Portugués para rematar de novo na Casa da Cultura. Unha ruta na que se alternaran os camiños encadrados en espazos verdes con pequenos lugares con encanto como son as aldeas de Tarrío, Casanova e Raíces. En total, percorreranse 12,5 quilómetros, cunha dificultade media-alta.

Ao remate da andaina, ás 13.30 horas o Concello servirá un almorzo saudable deseñado pola nutricionista municipal, ás 13.30 horas, para promover a alimentación sudable ao tempo que se desfruta desta pequena saída. En canto ao regreso, tamén se contará cun servizo de autobuses ás 14.00 horas a Bertamiráns.

A inscrición previa pode formalizarse enviando un correo a sanidade@concellodeames.gal ou chamando ao teléfono 649 450 264. O prazo para facelo remata ás 14 horas do día 13 de febreiro.