Pestanas principais

> AmesOn: A Banda da Balbina

Venres, 23 xuño, 2023
Ás 21:00 horas

O venres 23 de xuño comeza o programa do AmesOn coa actuación do grupo A Banda da Balbina, que terá lugar no parque do Ameneiral de Bertamiráns ás 21:00 horas. Trátase dunha agrupación nacida no concello de Brión no ano 2007, e conformada por Silvia Carreira (voz), Juan Fuentes (guitarra), Dani Fuentes (baixo e coros), Carlos Gómez (batería) e Gabriel Riveiro (acordeón). As súas creacións manteñen uns ritmos festeiros e unha retranca propia do país. Dende os seus inicios mesturan o ritmo e a música coa musicalidade do galego.