Pestanas principais

> Ames Jazz: proxección de "Jazz en liberdade"

Venres, 7 xullo, 2023
Ás 20:30 horas

O Ames Jazz volve un ano máis para celebrar a súa sexta edición, e repite formato. Por segunda vez na súa historia, o festival durará dous días, o venres 7 e o sábado 8 de xullo, e conta, ademais de cos habituais concertos, coa proxección de dous documentais que gardan relación co xénero musical.

Na primeira xornada emitirase "Jazz en liberdade", no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 20:30 horas. Dirixido polo galego Xes Chapela, o documental amosa como a vila mariñeira de Cangas se converte no epicentro da música jazz na Península Ibérica, contando non só cun dos festivais do xénero máis lonxevos do país, senón tamén con numerosos músicos de jazz. “Jazz en liberdade” obtivo o Premio Mestre Mateo á mellor longametraxe documental. Ademais, na peza saen varios dos músicos que tamén estarán presentes esa noite no escenario.