Pestanas principais

> Ames Jazz: concerto de Diego Alonso 5NTET

Venres, 7 xullo, 2023
Ás 22:30 horas

O Ames Jazz volve un ano máis para celebrar a súa sexta edición, e repite formato. Por segunda vez na súa historia, o festival durará dous días, o venres 7 e o sábado 8 de xullo, e conta, ademais de cos habituais concertos, coa proxección de dous documentais que gardan relación co xénero musical.

Na primeira xornada tocará o quinteto Diego Alonso 5NTET, un grupo de jazz liderado polo saxofonista e compositor vigués que dá nome ao mesmo. O concerto desenvolverase no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. As composicións do quinteto nacen da necesidade da expresión a través da música propia do líder da formación, sendo a meirande parte creación do músico. A banda sitúase no eixo do jazz contemporáneo, partindo de diversas abordaxes rítmicas, tímbricas e estilísticas.