Pestanas principais

>Ames Jazz 2026

Venres, 3 xullo, 2026
Ás 22.00

O festival Ames Jazz celebrarase os vindeiros venres 3 e sábado 4 de xullo por diferentes emprazamentos da localidade de Bertamiráns, como son o Pazo da Peregrina, o bar O Transistor e o paseo do Rego do Ameneiral. No caso de choiva, os concertos trasladaranse ao auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns ou ao interior do Pazo da Peregrina. 

Esta novena edición do festival abrirase o vindeiro venres, 3 de xullo, coa actuación de Manuel Cebrián Trío ás 22.00 horas no Pazo da Peregrina. O proxecto liderado polo guitarrista e compositor Manuel Cebrián, xunto a Paco Charlín no contrabaixo e David Puíme na batería achega unha proposta musical inspirada na familia, a natureza, a vida e a morte, un jazz vibrante cun son netamente acústico.