Pestanas principais

> Ames en Festas: RqR, MJ Pérez, La Hora Bruja e Claxxon

Domingo, 7 agosto, 2022

O Concello de Ames, as comisións de festas do Milladoiro e da Peregrina e XEA colaboran este ano para sumar once días de celebración no cartel “Ames en Festas”, que encadea as festas da Madalena do Milladoiro, do xoves 4 ao martes 9, e as festas da Peregrina de Bertamiráns, do martes 9 ao domingo 14 de agosto. Premendo nesta ligazón pódese consultar o folleto informativo de “Ames en Festas” 2022.

O domingo 7 a xornada comezará de novo no Milladoiro cun pasarrúas a cargo de RqR, e con vermú nos locais de hostalaría La Trastienda del 7, ás 12:45 horas; Café Bar Jisma, ás 13:00 horas, e na Parrillada As Brasas, ás 14:15. Ademais, haberá sesión vermú ás 14:00 horas, na travesía do Porto, coa orquestra La Hora Bruja. A música continuará no serán co concerto de MJ Pérez na praza Manuel Murguía, ás 21:00 horas, como parte do programa “AmesON de verán” da Concellaría de Promoción Económica. A semana rematará con verbena na travesía do Porto, ás 22:00 horas, coa orquestra La Hora Bruja e o grupo Claxxon, programados pola comisión de festas do Milladoiro.