Pestanas principais

> Actuación de "A Roda" no Milladoiro

Sábado, 1 agosto, 2020
Ás 22:30

O grupo de música tradicional “A roda” actúa este sábado na Explanada da Casa de Cultura de O Milladoiro.
A actuación, patrocinada pola Deputación de A Coruña, forma parte das actividades organizadas no municipio a través do programa de fomento da economía e a cultura AmesON.
A entrada é de balde até completar aforo.

A Roda naceu no ano 1976 no barrio vigués de Teis. Ten publicados 16 discos e actuou na meirande parte dos centros galegos de Europa e América. Posúe, entre outros o Premio da Crítica de Galicia e a Medalla Castelao. O grupo é o representante por excelencia do canto de taberna en Galicia.