Pestanas principais

>Actuación da orquestra Olympus

Venres, 19 setembro, 2025
De 21:00 a 00:00 horas

O Concello de Ames reprogramou a actuación da orquestra Olympus para o venres 19 de setembro. Dita actuación, que se enmarca na programación do Ames en Festas 2025, estaba prevista para o martes 5 de agosto como peche das festas da Madalena, pero tivo que ser cancelada por motivos meteorolóxicos (fortes refachos de vento) ao non garantir a seguridade dos asistentes e do equipo da propia orquestra. Finalmente, a actuación da orquestra Olympus farase o 19 de setembro como festa de final de verán, no aparcadoiro do SuperCor, en horario de 21.00 a 00.00 horas.

A programación “Verán en Ames 2025” rematará coa actuación da orquestra Olympus o venres, 19 de setembro, no aparcamento do SuperCor no Milladoiro.

A actuación da orquestra Olympus, inicialmente incluída na programación do Ames en Festas 2025, estaba prevista para o martes 5 de agosto como peche das festas da Madalena, pero tivo que ser cancelada por motivos meteorolóxicos (fortes refachos de vento). Esta situación meteorolóxica non garantía a seguridade dos asistentes e do equipo da propia orquestra, polo que decidiuse suspender a actuación e reprogramala para unha nova data.

Finalmente, a actuación da orquestra Olympus farase o venres, 19 de setembro, como festa de final de verán, no aparcadoiro do Supercor, en horario de 21.00 a 00.00 horas, para facilitar a asistencia de publico adulto e familiar. A festa rematará arredor da medianoite para compatibilizar tanto a diversión como o descanso da veciñanza do Milladoiro.