Pestanas principais

>Acto Institucional 8M

Luns, 8 marzo, 2021
Ás 18.30 horas.

O acto central da conmemoración terá lugar o propio día 8 de marzo, ás 18:30 horas, na praza do Concello. Como adoita acontecer todos os anos, lerase o Manifesto institucional. Após da lectura, a celebración continuará na praza da Maía, onde terá lugar a presentación da ruta 8M e se descubrirá o monólito que se dedica á escritora e veciña de Ames, Filomena Fraga.

Ademais, o sábado, 13 de marzo, inaugurarase a ruta urbana 8M, unha ruta circular por Bertamiráns, na que se colocarán monólitos dedicados a 11 mulleres relevantes, entre elas a escritora e veciña de Ames, Filomena Fraga. A ruta M8 constitúe un roteiro circular polas zonas verdes de Bertamiráns, con saída e chegada ao Pazo da Peregrina. Ten unha versión curta de aproximadamente cinco quilómetros, e outra longa que se estende ata os 8 quilómetros. En cada unha das zonas verdes pola que discorre colocarase un monólito dedicado a unha muller coñecida polas súas accións a prol da igualdade.