- Tipo
- Tematica
A Aula da Natureza xa ten lista a súa programación para os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Unha programación que se centra na cultura castrexa, a recollida de herbas de San Xoán, a eclipse total de sol, a interpretación de petróglifos e a observación de estrelas. Para inscribirse nas actividades da Aula da Natureza, é preciso enviar a ficha de inscrición, que se pode descargar na seguinte ligazón, ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Preme nesta ligazón para consultar a programación.
O martes 30 de xuño e o xoves 2 de xullo, ás 19.00 horas, vanse a realizar dúas actividades de observación, previas ao eclipse total de sol que se vai a producir o 12 de agosto. Nesta actividade vanse a distribuír gafas de protección de homologación CE ISO 12312-2-2015. Esta actividade estará impartida por Ramón Iglesias Marzoa. O martes 30 de xuño realizarase na Casa da Cultura do Milladoiro, mentres que o xoves 2 de xuño desenvolverase no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Esta actividade está aberta a todos os públicos e non é necesaria inscrición previa.





