Pestanas principais

>Acendido de luces de Nadal

Sábado, 28 novembro, 2020
Ás 18.00 horas.

O sábado, 28 de novembro, ás 18:00 horas, celebrase o acendido de luces de Nadal coa presenza do alcalde e varios membros da corporación. O alumnado do obradoiro de emprego, que este ano se formou en sistemas de enerxía fotovoltaica, construíu unha árbore que xa está instalada na praza do Concello e que iluminará os postos do mercado de rúa. Unha das alumnas deste obradoiro será quen prema o botón que acenda as luces. 

As restricións provocadas pola loita contra a COVID19 provocan que este ano o acto de acendido das luces de Nadal sexa máis sinxelo que noutras ocasións.Emporiso, o concello de Ames acenderá as luces de Nadal o vindeiro sábado nun acto co quere apoiar ás familias e ao comercio local nestes tempos difíciles.

Ademais e malia as dificultades que supón nestes tempos de pandemia a realización de calquera acto ou evento, Ames manterá na medida do posible algunha das actividades que adoitaba poñer en marcha no Nadal e que teñen como finalidade animar á cidadanía e  promover as compras no comercio local.

Ao acendido das luces na casa consistorial, súmase a colocación dunha árbore de 15 metros na praza de Manuel Murguía do Milladoiro,  unha bola xigante na praza da Madalena, tamén no Milladoiro, as cifras 2021 na praza da Maía de Bertamiráns, e un fotocall na praza do Concello. Todos estes elementos decorativos servirán como base para o concurso “Ilumina o teu sorriso”, que organizan as asociacións de comerciantes en colaboración co concello e que este ano ademais outorgará un premio máis que o ano pasado. Manterase tamén o tradicional “Concurso de escaparates” do concello e está previsto que a concellaría de Promoción Económica poña en marcha un servizo de conciliación para facilitar as compras das familias no comercio local.