Pestanas principais

> Acampadas da Aula da Natureza

sábado, 15 Outubro, 2022 a domingo, 16 Outubro, 2022

A Aula da Natureza continúa coa programación de actividades para este outono. Desta volta, abre o prazo de inscrición para as acampadas que se realizarán en dúas quendas nas instalacións da Aula no lugar de Quintáns, na Ameixenda. Poderase participar nesta actividade a fin de semana do 8 e 9 ou 15 e 16 de outubro. Estarán dedicadas ao estudo da fauna das rutas ambientais do concello de Ames. Para inscribirse nesta actividade hai que enviar a ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. A programación ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.

Durante o mes de outubro tamén se realizarán as acampadas na Aula da Natureza. Debido á gran demanda que soen ter estas acampadas, nesta ocasión fanse en dúas fins de semana (a primeira será o 8 e 9 de outubro, mentres que a segunda terá lugar os días 15 e 16 de outubro). Estarán adicadas ao estudo da fauna das rutas ambientais do concello de Ames. Para iso o Concello está adquirindo varias cámaras de trampeo para facer o seguimento do rastrexo destes animais. Faranse actividades de rastrexo diúrno e nocturno.

A técnica responsable da Aula da Natureza, Patricia Reboreda, explica que “con estas acampadas comenza un estudo continuado deste interesante grupo de animais a cargo do grupo formado na Aula da Natureza”.

A saída farase o sábado as 16.15 horas dende a Casa da Cultura do Milladoiro e as 16.30 horas do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Haberá que levar algo para cear e o almorzo do domingo porao o Concello. O regreso farase o domingo antes do xantar. Os/as participantes estarán de volta ás 13.30 horas no Pazo da Peregrina e ás 13.45 horas a Casa da Cultura do Milladoiro. Recoméndase levar roupa cómoda para durmir, así como levar unha lanterna e esterilla.

Cómpre destacar que para inscribirse nas actividades de dita programación haberá un prazo de inscrición específico para cada unha delas. O período de inscrición abrirá 10 días antes aproximadamente da realización de cada actividade. Para inscribirse nestas actividades hai que enviar a ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. A programación ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.