Pestanas principais

Ruta urbana circular 8M

A ruta 8M constitúe un roteiro circular polas zonas verdes de Bertamiráns con saída e chegada ao Pazo da Peregrina. Ten unha versión curta de aproximadamente cinco quilómetros e outra longa que se estende até os 8 quilómetros. En cada unha das zonas verdes pola que discorre a ruta, está instalado un monólito dedicado a unha muller coñecida polas súas accións a prol da igualdade. Preme nesta ligazón para descargar o mapa da Ruta urbana circular 8M.

As anarquistas e represaliadas Coralia e Maruxa, a impulsora do sufraxio feminino Clara Campoamor, a escritora e pioneira do feminismo en España, Concepción Arenal, as irmás Elisa e Jimena Fernández de la Vega, as primeiras médicas licenciadas na USC, a escritora Emilia Pardo Bazán, Marcela e Elisa, as primeiras mulleres que casaron en España, a guerrilleira María Araujo, María Purificación Gómez, a única muller alcaldesa da II República, a pintora Maruja Mallo, Rosalía de Castro, a voz máis universal das nosas letras, xunto coa escritora amesá Filomena Fraga, son as 11 mulleres que destaca este roteiro 8M.