Pestanas principais

Proceso selectivo para a selección dun Axente Local de Innovación, funcionario/a interino, para execución de programa e creación dunha bolsa de emprego

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre o nomeamento dun/unha Axente Local de Innovación como funcionario interino para a execución do programa de carácter temporal "Innova Ames II". As bases de dito proceso selectivo saíron publicadas o venres 17 de febreiro de 2023, no Boletín Oficial da Provincia (BOP). 

Fecha publicación: 
Venres, 17 febreiro, 2023
Periodo Inscrición: 
sábado, 18 Febreiro, 2023 a mércores, 22 Febreiro, 2023
Información adicional: 

No anuncio, noméase ao aspirante que se presentou ao exame como funcionario interino para a execución do programa de carácter temporal "Innova Ames II" como Axente Local de Innovación. Os aspirantes poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a mesma data, na forma prevista na lexislación reguladora de dita xurisdición contenciosoadministrativa.

 

 

Fases del proceso: 
17/03/2023
Decreto do nomeamento dun Axente Local de Innovación como funcionario interino para execución do programa temporal “Innova Ames II"
17/03/2023
Resultado do proceso para a selección dun/unha Axente Local de Innovación
Documento adjunto fase: 
14/03/2023
Anuncio sobre as puntuacións provisionais no exercicio da fase de oposición, publicación de plantilla e do exame do proceso selectivo dun Axente Local de Innovación
09/03/2023
Fixación da data de exame do proceso selectivo de Axente Local de Innovación
Documento adjunto fase: 
28/02/2023
Lista definitiva de admitidos e excluídos no proceso selectivo dun/unha axente local de innovación
17/02/2023
Bases do proceso selectivo para a selección dun Axente Local de Innovación
17/02/2023
Anexo I-modelo de solicitude para o proceso selectivo dun Axente Local de Innovación