Pestanas principais

Proceso selectivo do alumnado traballador e persoal do obradoiro de emprego Renova VI

O Concello de Ames vén de poñer en marcha unha nova edición do obradoiro de emprego Renova. Os obradoiros duais de emprego son programas públicos de formación e emprego nos que os traballadores/as desempregados/as participantes reciben cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo produtivo en actividades de utilidade pública ou interese social. Este obradoiro está sufragado a través dunha subvención de 531.046,20 euros, concedida aos Concellos de Ames e Brión por parte da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, da Xunta de Galicia, para o financiamento dos custos de formación profesional para o emprego. O obradoiro de emprego dual Renova VI terá unha duración de 12 meses e formará a 20 alumnos/as traballadores/as.

Fecha publicación: 
Xoves, 26 outubro, 2023
Periodo Inscrición: 
xoves, 26 Outubro, 2023 a luns, 30 Outubro, 2023
Información adicional: 

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio co decreto de composición do Tribunal para unha nova selección de mestre do obradoiro de emprego Renova VI.

Fases del proceso: 
17/01/2024
Anuncio do decreto coa composición do Tribunal para unha nova selección de mestre do obradoiro de emprego RENOVA VI
24/11/2023
Anuncio co decreto de resolución do obradoiro de emprego Renova VI
Documento adjunto fase: 
20/11/2023
Listaxe definitiva do persoal e do alumnado/traballador seleccionado para o obradoiro de emprego Renova VI
14/11/2023
Listaxe coas puntuacións provisionais do cuestionario do obradoiro de emprego Renova VI das persoas candidatas para os postos de alumnado/traballador
13/11/2023
Listaxe de puntuacións provisionais do baremo de méritos do obradoiro de emprego Renova VI dos postos de persoal directivo, docente e administrativo
09/11/2023
Actas do tribunal coas puntuacións das entrevistas das persoas candidatas para os postos de alumnado/traballador e persoal directivo, docente e administrativo do obradoiro de emprego Renova VI
02/11/2023
Anuncio coa composición do tribunal do obradoiro de emprego Renova VI
Documento adjunto fase: 
26/10/2023
Bases do proceso de selección da sexta edición do obradoiro de emprego dual Renova VI