Pestanas principais

Novas e eventos de Ames, 7 de decembro de 2020

NOVAS

A Concellería de Cultura informa das actividades de artes escénicas que se van realizar, de xeito máis inmediato, durante este mes de decembro. Xa se poden adquirir as entradas a través da billeteira electrónica do Concello ...

“Se me controlas non me molas!” Este é o lema co que as rapazas e rapaces de 6º E do colexio de Ventín gañaron o segundo premio de Lemas contra a violencia de xénero, convocado pola Xunta de Galicia co gallo do Día Internacional contra a violencia de xénero. Por outra banda, varias alu ...

Este sábado, 5 de decembro, conmemorase o Día internacional do voluntariado. Dende o ano 2002 o Concello de Ames conta cunha oficina municipal de voluntariado que desenvolve ao longo do ano programas de acción social, de atención socioeducativa, así como outros programas de acción voluntari ...

A Xunta de Galicia publicou no DOG este xoves, 3 de decembro, a actualización das medidas que lle afectan ao territorio galego para facer fronte á pandemia provocada pola Covid-19. No concello de Ames dende ás 00.00 horas deste venres, 4 de decembro, adóptanse medidas de nivel básico. Deste ...

Chega o Nadal e, con el, o Apalpador, que deixa as montañas do Courel para visitar aos nenos e nenas do Concello de Ames. O contador Anxo Moure transfórmase nesta figura e estará no Pazo da Peregrina de Bertamiráns o venres 11 de decembro a partir das 17.00 horas. Ademais, haberá un agasallo ...

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns, 7 de decembro, en Bertamiráns, na Avenida da Maía diante da praza. O horario será de mañá, de 09:30 a 14.30 horas e, de tarde, de 15.30 a 21.00 horas. Por mor da pandemia da Covid-19, e para regular a afluencia de doantes e evitar espe ...

AVISOS

Está a berto o prazo para votar e escoller que vídeo debe gañar o Galeiktokers. Para participar e decidir qué peza debe levarse o premio do público, é preciso seguir á conta do Instagram da OMIX de Ames (@omixames) e darlle"like" ao video favorito.