Pestanas principais

Novas e eventos de Ames, 28 de outubro de 2020

NOVAS

A Casa do Concello tinxirase de azul para conmemorar o Día Mundial da Diabetes que se celebra o 14 de novembro. Ademais, unha pancarta conmemorativa pendurará do balcón do concello para lembrar o valor da data. As pantallas instaladas na Casa do Concello, nas Oficinas Municipais da rúa Alcald ...

Os camareiros e camareiras dos establecementos comerciais de Ames xa atenden á clientela ataviados cos mandís que a Concellaría de Promoción Económica lles está entregando co obxectivo de concienciar á cidadanía sobre a norma de utilizar a máscara, agás cando se está bebendo ou comendo ...

Co gallo da EUGreenWeek, a Semana Verde Europea, a empresa Tecalis pediu colaboración ao Concello de Ames para ofrecerlle aos seus empregados algún detalle que axudara na conmemoración deste evento internacional. A concellaría de Transición Ecolóxica preparou unhas bolsas co compost que se ...

Este xoves, 29 de outubro, o Concello de Ames celebra unha nova sesión plenaria. Neste caso a ordinaria do mes de outubro. ...

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, ten aberto un proceso para reubicar o mercado de rúa de Bertamiráns na antiga zona onde se desenvolvía de forma habitual ata o pasado mes de marzo antes da declaración do Estado de Alarma pola Covid-19. Ata o 21 de outubr ...

A sesión, que estaba prevista para realizarse na Casa da Cultura do Milladoiro o vindeiro xoves, 29 de outubro, ás 18.00 horas, poderase desfrutar dende calquera dispositivo con pantalla. Deste xeito, non haberá limitacións de aforo pero é imprescindible a inscrición previa antes do mércor ...

AVISOS

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, informa sobre o resultado do sorteo de prazas para a Escola Municipal e Música de Ames (EMMA). Unha vez pechado o prazo de preinscrición da EMMA e ao comprobar que houbo menos solicitudes que prazas dispoñibles nas modalidades de Música ...