Pestanas principais

Novas e eventos de Ames, 2 de decembro de 2020

NOVAS

O alcalde de Ames, Jose Miñones, e mailo rexedor de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, mantiveron esta mañá un encontro no que abordaron as cuestións que afectan a ambos municipios; entre elas, o proxecto de senda entre Santiago e O Milladoiro, a EDAR ou a situación da pandemia. ...

A semana pasada comezaron as obras do proxecto de acondicionamento das zonas verdes no Milladoiro, que se atopan xunto a zona de instalacións deportivas (pavillón, pistas deportivas, piscina descuberta, etc), Casa da Cultura e instituto. Este proxecto, que foi adxudicado a empresa CYS HISPANIA ...

Alba Santos, veciña do Milladoiro e deportista do Club Súlyos de Compostela , logrou tres medallas de ouro no campionato de España de halterofilia que se disputou na cidade da Coruña no pasado mes de novembro. Alba Santos, que competiu por primeira vez no campionato nacional absoluto, acadou ...

Cada 1 de decembro, o mundo conmemora o Día Mundial de loita contra a SIDA coa intención de apoiar a todas as persoas que viven no mundo co VHI, lembrar aos falecidos por doenzas asociadas a esta enfermidade e poñer en valor a importancia de seguir investigando na mellora dos tratamentos e na ...

AVISOS

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas para o programa de conciliación da vida laboral e familiar Nadal Lúdico 2020. O prazo de subsanación de solicitudes estará aberto ata o 16 de decem ...