Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 8 de xaneiro de 2024

NOVAS

O pasado 15 de decembro abriu o prazo para que as persoas que o desexen poidan descargar as tarxetas de desconto “Bonos Consuma”. Ata este venres, 5 de xaneiro, descargáronse 3.090 bonos e consumiuse máis do 80% do orzamento destinado a ditas tarxetas de desconto. Ata o de agora consumíron ...

A Concellería de Deportes e Promoción da Saúde, a través do programa Ames Saudable, organiza un obradoiro de xestión emocional a través da técnica “Mindfulness”. Esta actividade, dirixida a persoas maiores de 18 anos, desenvolverase ao longo de 8 sesións de 1 hora 45 minutos de duraci ...

O Concello de Ames xa está preparado para recibir esta tarde aos Reis Magos de Oriente na Gran Festa de Reis. Así, Melchor, Gaspar e Baltasar percorrerán coas súas carrozas as rúas do Milladoiro e de Bertamiráns desde as 17:00 horas e as 19:00 horas respectivamente. A comitiva real estará ...

A Xunta de Goberno Local de Ames aprobou o pasado 1 de decembro a adxudicación do servizo de asistencia técnica para a redacción da Axenda Urbana por un importe de 48.599,54 euros. Neste proxecto tamén se inclúe o deseño e implantación do sistema de seguimento e avaliación, así como o pl ...

Un ano máis, a Aula da Natureza ofreceu aos nenos e nenas de Ames unha alternativa para desfrutar do Nadal a través dun campamento na natureza. Nel 25 rapaces desfrutaron de tres días de actividades e obradoiros relacionados co Nadal e o medio ambiente, ademais de achegarse a unha forma de vid ...

O eurodeputado Nicolás González Casares, membro da Comisión de Industria, Investigación e Enerxía e impulsor da reforma do mercado eléctrico en Bruxelas, realizou unha visita ao concello de Ames para interesarse polo proxecto da Oficina de Transición Comunitaria que estará en funcionament ...

AVISOS

O Concello de Ames publicou o pasado 3 de xaneiro un decreto de Alcaldía mediante o cal se aprobou a convocatoria dos "II Premios InnovAmes Proxectos Educativos 2024". Esta convocatoria está recollida no plan estratéxico de subvencións 2023-2025, aprobado polo pleno na súa sesión do 23 de febr ...